b participa


Emaús Galicia afronta, na recta final deste proxecto que aspira a poder manter activo, a celebración da 3ª sesión do Grupo Motor convidando a nutrido número de persoas afectadas por situacións de exclusión social e representantes de colectivos e organizacións sociais comprometidas co fomento dunha sociedade máis inclusiva na cidade olívica.

 

O vindeiro martes 26 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 terá lugar, na sede da Fundación Barrié de Vigo, a terceira sesión do Grupo Motor do Proxecto “PARTICIPA nun Vigo Inclusivo”.

PARTICIPA é un proxecto promovido por Emaús Galicia que comeza a súa andaina no mes de xaneiro coa colaboración da Obra Social “la Caixa” e a Xunta de Galicia, co gallo de favorecer a construción participada dunha sociedade inclusiva e cohesionada en Vigo, fomentando encontros para a xeración de vínculos entre diferentes persoas e axentes do municipio poñendo especial atención nas necesidades diferenciadas de mulleres e homes que se atopan en situación de exclusión social.

O Grupo Motor PARTICIPA constituiuse en abril do presente ano co obxectivo de conformar un grupo representativo de entidades e persoas (técnicas, voluntarias, participantes...) que contribúan a analizar as dificultades que existen á hora de crear espazos de encontro inclusivos e que fomenten a participación e a creación de vínculos entre persoas con situacións vitais e sociais diversas.

En definitiva, este grupo conformouse coma un espazo para a análise, a reflexión e o traballo para dar respostas creativas ás eivas que no eido da participación inclusiva se están a detectar na cidade.

Na última sesión, celebrada o pasado 25 de xuño, participamos un total 45 persoas, algunhas delas a título particular, e a maioría representado a un total de 20 organizacións e colectivos representantivas da sociedade civil viguesa.

Moitas grazas a todas elas: Asociación xuvenil Abertal, Alborada, Asvidal, APAMP, Ateneo Atlántico, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Diversidades, Asociación Doa, FEAFES, Fundación Érguete-Integración, Fundación Juan Soñador, Fundación de la Santa Cruz, Fundación Secretariado Gitano, Fundación Laxeiro, Médicos do Mundo, Os Ningúens, Provivienda, Asociación Xaruma.

 

Pódese acceder ao Vídeo resumo da 2ª Sesión, pulsando AQUÍ
Para máis información sobre o Proxecto PARTICIPA, pulsar AQUÍ

 

a participa