Emaús. Economía Circular 2.O LARGA VIDA AL RAEE

Por Emaús Galicia

Baixo o título ¡LARGA VIDA AL RAEE!. Unha proposta en clave de ECONOMÍA CIRCULAR 2.0, celebrarase o vindeiro xoves 23 de febreiro, entre as 9.00 e as 14.00 h., no antigo Rectorado (r/Areal esquina r/Oporto) en Vigo, unha xornada que abordará a oportunidade da reutilización de Aparatos Eléctricos e Electrónicos como alternativa laboral para a xuventude así como os compromisos que temos os diferentes actores sociais co medioambiente.

A xornada está enmarca no Proxecto WeeeLabs, cofinanciado polo Programa Eramus+ que aposta pola análise da oportunidade dos Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos (RAEES), en liña coas esixencias da Directiva Europea, como alternativa de emprego para a xuventude.

O grupo destinatario final deste proxecto está formado pola xuvetude con dificultades para integrarse no sistema social e productivo de cada un dos países socios implicados no proxecto conformados por Grecia, Italia, Portugal e España, que comparten alarmantes porcentaxes de desemprego xuvenil.

Esta xornada estará acompañada por un elenco de profesionais de primeiro orden que serán as persoas encargadas de propiciar a reflexión en torno a estas cuestións ao longo da mañá do 23 de febreiro, nun formato ameno de ponencias  que rematarán nunha mesa redonda que abordará diferentes aspectos sobre as responsabilidades que temos na xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos.

raeess

Destacamos, entre os/as poñentes a Antón Lois da ONG Amigos da Terra que abordará o impacto medioambiental dos RAEEs no noso entorno, Antonio Llorente, da asociación LA RUECA de Madrid, que compartirá a súa experiencia de traballo coa xuventude e a metodoloxía FabLab, e Patricia Díaz de Impact Hub Vigo e Virginia Romero, de Emáus Galicia, como entidades socias na execución do proxecto que compartirán os resultados acadados. Despóis dunha pausa a xornada pechará coa dinamización do xornalista Eduardo Rolland na mesa redonda acompañada por Enrique Redondo da Fundación Ecolec, Susana González, Enxeñeira técnica industrial do CONCELLO DE VIGO, Jorge de Antonio, director de negocio de SARETEKNIKA de Guipuzkoa e Javier Pradini, Director de EMAÚS FUNDACIÓN SOCIAL.

Por último destacar que esta xornada pecha o Proxecto WeeeLabs, cofinanciado polo Programa Erasmus + no 2015, que contou coa participación de diferentes entidades europeas. De Italia, Younet e MineVaganti, de Grecia, United Society of Balcans, de Portugal Backup, e de España,  dúas entiddes galegas, Impact Hub Vigo e Emaús Fundación Social.

Apuntate

Para ampliar información sobre a Xornada:

Juncal Blanco (responsable de Emaús en Galicia) o Virginia Romero (coordinadora Proxecto WeeeLabs) 986 22 02 84// 628 582 640

www.weeelabs.eu

Programa

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *