Vixilancia tecnolóxica para a posta en marcha dun proxecto de innovación de xestión de residuos téxtiles e xeración de emprego

2016-10-27-17_46_50-nota-para-comunicacion-proyecto-docx-word

Vigo, 30 de setembro de 2016

O Concello de Vigo ven de aprobar a concesión dunha axuda a Emaús Fundación Social no marco das subvencións para o fomento de emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego para o ano 2016.

 Deste xeito, lógrase un apoio importante para o desenvolvemento do proxecto “Vixilancia tecnolóxica para a posta en marcha dun proxecto de innovación de xestión de residuos téxtiles e xeración de emprego” que Emaús ven desenvolvendo dende o mes de abril, previo acordo de colaboración establecido con dous socios estratéxicos e de gran valor para a consecución dos obxectivos desexados, Eosa Consultores, empresa de consultoría líder nas áreas de organización e innovación, e o Grupo CIMA da Universidade de Vigo que aporta o seu potencial científico e tecnolóxico ao servizo desta iniciativa.

Emaús co apoio do Concello de Vigo e a colaboración de Eosa Consultores e a Universidade de Vigo proponse como obxectivo fomentar a creación de emprego na cidade de Vigo mediante un proxecto innovador centrado na xestión dos residuos téxtiles, dende as ópticas da economía circular e a economía solidaria. Este sistema de xestión debería acadar o obxectivo de residuo cero (reducir, reciclar e reutilizar), logrando así un novo servizo á cidadanía, autosostible financeiramente e reducindo o número de persoas desempregadas de difícil inserción laboral.

As actividades do proxecto vinculadas coa vixilancia tecnolóxica permitirán determinar o modelo de negocio para a xestión dos residuos téxtiles onde o compoñente de I+D é fundamental para garantir a sustentabilidade e viabilidade empresarial, social e económica da iniciativa.

O desenvolvemento desta iniciativa busca tamén a constitución dun Grupo de innovación intersectorial para o impulso de proxectos vinculados coa xeración de novos produtos a partir da valorización dos residuos téxtiles nos sectores industriais predominantes no ámbito da Cidade de Vigo.

2016-10-27-17_47_46-nota-para-comunicacion-proyecto-docx-word

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *