Grazas: Emaús Praza

Por el equipo de Emaús Galicia

Tanto las fotografías, como el vídeo son de Alfred Koeppe (mil gracias)

Con moita ilusión, esforzo, traballo e corazón Emaús Galicia saíu á rúa o  pasado sábado 1 de outubro para celebrar o evento “Emaús Praza”, facendo colectivamente da Ronda Don Bosco de Vigo unha praza pública onde os “trastos e trapos” tiveron moito sentido.  Foron moitisimas as persoas que se achegaron a coñecer o noso salón urbano, e compartiron, sentiron e gozaron con nós dun día moi especial. Moitas grazas a todas elas!!

Para o Emaús Praza preparáronse un montón de accións e emocións que lograron crear un ecosistema tecido de música en directo, creación artística, artigos que falaban de segundas oportunidades….en forma, moitos deles, de mobles recuperados con mimo nos talleres de Emaús co apoio de La Victoriana. Sen a colaboración, xenerosidade, compromiso e convicción de Víctor, o Emaús Praza non sería o mesmo. Grazas Víctor, grazas María!

Reutilización, protección do medio ambiente, xustiza social, inclusión, transformación…son moitas as cousas que nos importan e emocionan e que puidemos compartir no Emaús Praza.

EmaúsPraza

Foi emocionante o proceso de composición colectiva dun collage a partir de residuo textil dirixido co talento e bo rollo de Ignacio Pérez-Jofre e Chirli Alonso. O resultado, coa participación de Rebeca, Antonio, Belmiro, Jose Juan, Rodri, Emilio, Rubén, foi realmente espectacular. Moitas grazas a todos eles.

Acompañados por Sinsalaudio e a implicación e profesionalidade de Fer e Luis, contamos con propostas musicais excepcionais que contribuiron a que fluise o día cun ambiente acolledor e festivo. Mil grazas a Palito, DJ Quique da Fábrica de Cholocate Club, Radiador e Treme. O vermú de  La Juakina, a excelente aportación de Croqueta y Presumida, e a cociña de mercado e de calidade do Bar Primavera foron as apostas culinarias dese día que se sumaron a un cartel de colaboradores de primeira. Un cartel de colaboradores que non podemos pechar sen mencionar a Pablo, Vicky, Elena, Vanesa, Carlitos, Sandrine, Nacho, Ana, Alfred, Ángeles, María, Chris, Marta, Pastora, Chelo, Lourdes e Rafael Romero. Grazas por aportar un labor na sombra imprescindible!

Pero para nós, sen dúbida e por riba de todo, o máis emocionante foi contar coa participación e colaboración de Manuel, Santi, Paco, Moha, Ousmane, Jaime, Carlos, Tina, Belmiro, Antonio, Emilio, Ángel, José Antonio, Pilar, Zilda, Andrés e percibir o seu orgullo e satisfacción con cada trasto que se vendía, con cada felicitación recibida. Todas e todos eles, sí que son o orgullo e razón de ser de Emaús Galicia.

Emaús Galicia está feliz e agradecida e as súas portas abertas para todos e todas aquelas persoas que desexen sumarse ao noso labor. Moitisimas grazas por ter feito entre todas o Emaús Praza.

 

Ata a próxima!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *